E se mudase as siglas?

Quero deixar ben claro que o titulo deste artigo non ten máis obxecto que reflictir feitos. O barrio é do PP, de feito gañou, verdade? A mesa era (case) do PP, se líchedes o texto estaredes de acordo, verdade? É dicir, se me tocara con outro grupo político, de seguro que o faría igual tan só mudando o nome do grupo.

20D (2015)
20D (2015)

Comezo este artigo co derradeiro parágrafo do titulado “Nunha mesa (case) do PP nun barrio do PP…” por se alguén pensou que ese artigo foi posto con intencións partidistas concretas. Non! Garanto que, se acontecera iso con calquera outro partido, o faría igual apenas mudando as siglas polas que correspondera cos feitos.

Valoro a miña liberdade e, desde a miña humilde condición humana, sempre aspiro a ser xusto. Daí que comezara este artigo precisamente sen comentarios previos, tan só coa cita que tiña o anterior por se alguén coas présas deulle un “Me gusta“, “Curtir“, +1… pensando tan só que era exclusivamente contra o PP. Non! Garanto que, se acontecera iso con calquera outro partido, o faría igual apenas mudando as siglas polas que correspondera cos feitos.

Para rematar, a imaxe deste artigo vén do diario La Opinión. É a proba de que o barrio efectivamente foi do PP.

Nunha mesa (case) do PP nun barrio do PP…

… ou cando se aceptan papeletas malia perder a honra persoal. Velaquí a miña indignación polo incríble dalgúns dos feitos que a seguir detallo, todo nun barrio típicamente do PP onde o cómputo do voto foi para o PP.

Voto aceptado como válido
Voto aceptado como válido

Foi a miña (espero que única e) primeira experiencia nunha mesa electoral na rúa Durán Loriga da Coruña. Para quen non coñeza, é unha rúa coñecida como Wall Street pola morea de bancos que ten e a tiro de pedra dos Cantóns, ou sexa, centro-centro.

Coa emoción da miña intervención, tocoume ser vocal 2º, acordei ás 4h da madrugada e deume por ler todo o manual.

Ás 8 da mañá entramos e, sen experiencia nen axuda de ninguén, puxémonos a procurar e pór todo máis ou menos no seu lugar. Preto das 9h chegou a interventora do PP que, sen dúbida, é dicir, houbo unanimidade respecto a isto, se convertiría na protagonista do recinto. Ao pouco tamén apareceu por alí o representante de En Marea, a quen xa coñecía.

E ás 9h empezou este conto, sempre in crescendo.

Leer más

Privacidade? Sen problema, uso Software Libre!

Haberá quen crea isto? Seguro! Igual que hai quen cre que pouco importa sermos vixiados se somos xente do ben. Seguro?

Disfrutamos de múltiples vantaxes grazas a hiper-conectividade que nos brindan computadores, móbiles e internet, a cambio de entregar privacidade, dando dun xeito transparente todo o que facemos, todo! A cousa non só fica por aí pois, apenas sen decatarnos, tamén empregamos tarxetas de crédito, DNIe, nos bancos, supermercados e repartidores de transporte urxente asinamos nos seus trebellos sen que a maioría, por suposto, imaxine o perigo de todo iso. E, claro, aínda hai máis: cámaras nas rúas, nos locais, lectores de pegada dixital, centralitas nos novos coches, GPS, Wi-Fi abertas e gratuitas… e a moda da nube! Que boa é a ubicuidade! Si, tamén deixamos rastros nos nosos documentos e axendas colgados nalgún servizo gratuito, contas de correo-e ou redes sociais. É un sen-fin a engadir ao preciso rastrexo que sofremos a través das comunicacións por móbiles e a nosa navegación por internet. Por algo agora medra a disciplina do Big Data!

A cambio temos unha vida con novas e abundantes vantaxes, que bom!

Leer más

Destacado junio-julio-agosto 2015

Lo que he ido recompilando como destacado durante los meses de junio, julio y agosto de 2015 en el ámbito del Software Libre, Open Source, internet…: Mandriva, GPUL, Wikileaks, UNIX, Linux, Kali, OSM y más.

# 20150601
Mandriva echa el cierre

# 20150601
GPUL: los comienzos son duros… y divertidos  – Videos de la historia de GPUL

# 20150604
WikiLeaks desvela las negociaciones secretas del acuerdo TISA, más poder para empresas, menos para estados

Leer más

Hacking-Rodízio 2015, na Coruña

Neste sábado (20 de xuño de 2015) hase celebrar o Hacking-Rodízio 2015 na Coruña. Sen fallo, Rafa Ávila, a nosa emblemática representación en OSM (OpenStreetMaps), estará presente mesmo sendo (acho que) vegano e malia a tentativa de confirmalo como ‘ausente’ desta vez! 🙂

A xuntanza terá lugar no Rodízio Linar ás 14,30h tralo tradiconal paseo previo e un cursiño personalizado de ‘mapeo’ con OSM.

Ah! E desta vez vez contamos cunha representante das vindeiras xeracións! Unha menina de apenas tres aniños virá para respirar o que é isto do ‘hacking’.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies