Nunha mesa (case) do PP nun barrio do PP…

… ou cando se aceptan papeletas malia perder a honra persoal. Velaquí a miña indignación polo incríble dalgúns dos feitos que a seguir detallo, todo nun barrio típicamente do PP onde o cómputo do voto foi para o PP.

Voto aceptado como válido
Voto aceptado como válido

Foi a miña (espero que única e) primeira experiencia nunha mesa electoral na rúa Durán Loriga da Coruña. Para quen non coñeza, é unha rúa coñecida como Wall Street pola morea de bancos que ten e a tiro de pedra dos Cantóns, ou sexa, centro-centro.

Coa emoción da miña intervención, tocoume ser vocal 2º, acordei ás 4h da madrugada e deume por ler todo o manual.

Ás 8 da mañá entramos e, sen experiencia nen axuda de ninguén, puxémonos a procurar e pór todo máis ou menos no seu lugar. Preto das 9h chegou a interventora do PP que, sen dúbida, é dicir, houbo unanimidade respecto a isto, se convertiría na protagonista do recinto. Ao pouco tamén apareceu por alí o representante de En Marea, a quen xa coñecía.

E ás 9h empezou este conto, sempre in crescendo.

  • A primeira hora case toda era xente maior, algunha bastante maior. A interventora do PP (en adiante “a do PP”), levantábase a axudar e saudar efusivamente a moitas persoas. Foi algo que se repitiu ao longo de toda a xornada. Pódese considerar amabilidade… ou tamén publicidade por mor de que ía coa súa identificación de partido ben grande e visible. Deixo iso a criterio de cada quen, pero a min non me pareceu adecuado nin moito menos neutral toda vez que ninguén dos da mesa fixo tal cousa a pesar de termos nosa familia, amizades e veciños votando.
  • A do PP sentouse á miña dereita, con contínuos sopridos e queixas. Un incordio desalentador tela ao meu lado. Empecei a compartir miradas cómplices coa funcionaria encargada de mandar os datos á Administración.
  • De contado a do PP comeza a marcar terreo non permitindo a axuda da funcionaria nen a súa proximidade á mesa,  “Tú no puedes…“, “Estás tapando el cartel, ¡apártate!“,  de todo.
  • Tendo claro por onde ía ir o dia con esta muller, coméntoo coa presidenta da miña mesa e, sorpesa!, eran ‘amigas’. Bueno, eran ‘amigas’ ata chegar a noitiña, a partir desa hora foi outro cantar.
  • Nesta que chega unha señoriña maior que traía un único sobre para o Senado e preguntamos se non quería votar ao Congreso. A pobriña empezou a poñerse nervosa. Necesitaba axuda. A do PP levantouse para ir con ela a que collera papeleta e elixira representantes do Senado. Indignado, levanto e achégome ata a señora, impido á do PP que faga tal cousa e diante dela tamén neguei a colaboración do da Marea. Linlle todos os grupos que se presentaban e ela elixiu “Nós”. Sería esa a papeleta final de non ter ido eu? Dubido.
  • Volvo a falar coa presidenta, conto o caso e ameazo con incluílo no informe final.
  • E a sala comenzou a encherse e encherse. Aínda pouco pasaban das 10h e non dábamos feito! Decatámonos do mal traballo feito pola Administración. Apenas eran dúas mesas (a nosa tiña de atender a 960 potenciais votantes) cando noutras ocasións había tres e ata catro mesas, e, para colmo, non estaban distribuidas por iniciais de apelidos senón por rúas! A xente non lía os folios colados na parede da entrada á sala e mesmo lendo non se enteraba. Varios casos houbo de persoas que aguantaron unha morea de tempo nunha fila e logo tiveron que ir á outra mesa. Indignante.
  • A do PP aproveitou as largas filas para seguir cos seus sopridos engadindo agora xestos procurando a complicidade dos votantes a costa de pór a caldo aos da mesa, especialmente a min pois xa nesa altura tiña claro que para min ela era unha persoa non grata e así llo din a entender tan só deixando de falar e ollala. E, claro, varios votantes mostraron a súa queixa. Que podíamos facer? Na verdade, nada!
  • No medio de tal estrés, decátome da conversa do rapaz de C’s coa do PP protestando contra o da Marea acusándolle de ter feito algo cunhas papeletas. A complicidade entre eles domostrouse total na hora do cómputo de votos.
  • Así transcorreu toda a mañá ata ben pasadas as 15h, ateigada de votantes. Ás 15,30h sae un vocal, á media hora regresa e sae a presidenta, á media regresa e hora saio eu por apenas uns poucos minutos. Todo ben, comezamos a tarde coa esperanza de tela más tranquila. E si, o agobio non chegou ser como o da mañá.
  • 20hs, pechamos a sala e comeza o cómputo. A do PP refírese ao seu manual, o do PP non o oficial, para esixir que o cómputo sexa feito exclusivamente polos tres membros da mesa a pesar da proposta da funcionaria que, acertadamente, recomendou que o fixéramos entre todos (os da mesa, Administración, PP, C’s, PSOE e Marea). Comezamos abrindo os sobres para o Congreso e, grazas ao da Marea e a funcionaria, puxémonos antes a confirmar os enviados por correo. Levamos un bo tempo só cos do Congreso e o sentido común fixo con que a presidenta admitira a axuda dos alí presentes. E comeza o fin do show!
  • A presidenta amosa a súa total sorpresa pola cantidade de papeletas que En Marea ía tendo: “¿Quiénes son estos de En Marea?“. Claramente ela non os votou 🙂
  • Alucinados quedamos a funcionaria, o da Marea, o outro vocal e eu cando a presidenta dá por boas as seguintes papeletas:
    • unha do PP cunha cruz en bolígrafo tachando os candidatos. A do PP berra pedindo a aceptación e a presidente acepta. Razón: “Se pueden leer bien los candidatos“. O da Marea le o manual oficial en galego e logo tamén en castelán. Nada, malia estar ben clara a norma, admitiuse esa papeleta. Mostro o meu desexo de incluir este feito nas incidencias.
    • outra do PP con publicidade do PP incluída no sobre. Razón: “Esta sería de una viejiña que lo metió todo junto“. Ao parecer, a nosa presidenta tiña poderes alén do normal.
    • unha de C’s (a da foto) que malia estar escrito “Chourizos” e ter o deseño dunha muller en pose, digamos, obscena tamén foi aceptado. O rapaz de C’s púxose como unha moto, tivo a complicidade da do PP e a presidenta acepta. Razón: “Se pueden leer bien los candidatos“.
  • A partir daquí a cousa foi a máis. A do PP, grazas ao seu comportamento e até insultos directos, comezou a ficar illada, pero aínda mantía a complicidade do de C’s e a presidenta. Todos agás a presidenta e a do PP seguimos co cómputo das do Senado. Pouco a pouco íamos ouvindo discusións entre elas, medrando en volume ata que chegou un momento en que xa era un esperpento. Berros e amezas de expulsión da sala á do PP por parte da súa ‘amiga’, a presidenta da mesa!
  • As cifras totais non cadraban. Toca facer recómputo! E seguían sen cadrar! Xa pasaban das 23h e polo Twitter soubemos que o escrutinio estaba no 99% mentras nós e os da mesa de enfrente seguíamos coa faena.
  • Decidiuse facer unha apaño con votos en branco e comezamos a preparar os sobres oficiais para pechar a sesión oficialmente ás 23,50h.

Ante esto último, o feito de estar rebentado, sen apenas durmir, cunha ameazante lumbalxia, vendo o desastre da metodoloxía imposta pola Administración, as pelexas por unhas poucas papeletas mesmo a costa da perda da propia dignidade e todo o demais pensei en apenas ter unha foto dunha desas papeletas e deixar constancia do acontecido aquí, tentando divulgalo pola rede que, de seguro, sería máis eficaz. Creo que errei, debería ter escrito tamén esas incidencias. Mea culpa.

Os resultados? Votaron 748 dos 960, a PP: 365, En Marea: 157, C’s: 88 …

Tras entregar os sobres, a xente marchou pero eu aínda estiven coa funcionaria subindo telematicamente os datos oficiais. As cifras, malia ter feito apaño, seguían sen cadrar! Só quedou un absurdo consolo: os da outra mesa, formais e con excelente ambiente, remataron máis tarde e tiveron un descadre moito maior.

Por fin puiden abrir a porta da miña casa ás 01h do dia 21, eso si, cunha morea de indignantes experiencias máis na miña vida.

Quero deixar ben claro que o titulo deste artigo non ten máis obxecto que reflictir feitos. O barrio é do PP, de feito gañou, verdade? A mesa era (case) do PP, se líchedes o texto estaredes de acordo, verdade? É dicir, se me tocara con outro grupo político, de seguro que o faría igual tan só mudando o nome do grupo.

7 comentarios en “Nunha mesa (case) do PP nun barrio do PP…

  1. É preocupante que as administrcións non se ocupen da formación da xente que acude como membros das mesas electorais. O manual e o procedemento de votación e reconto son cando menos complexos incluso imposibles de comprender para algunha xente.
    Participei en varios procesos como representante da administración (os que comunican os resultados e pagan á xente da mesa, entre outras cousas, non todos funcionarios) nunha mesa do colexio onde estiveches o domingo, a túa “funcionaria” tería que terlle parado os pes á do PP pero a nosa formac ión é tamén pobrísima. Eu coa emoción de participar tamén empapeime co manual coma tí pero a batalla coa do PP foi dura. Debe segujr sendo a mesma, agora con escudero.

    Debe ser que ao estado convenlle manter o statu quo

    saúdos e grzas polo choio do domingo, que non ten prezo

  2. Yo tuve una experiencia bastante desagradable por los interventores del PP y el apoderado de C’s. Fue una jornada que empecé con ilusión pero a mi compañera y a mi nos dieron hachazos por todos los lados. Tal avalancha de gente vino a votar que cerramos el acta a las 2:30 de la mañana.
    Volveré a ser apoderada, pero ya con mas experiencia y menos vulnerabilidad. Todavía me creo que la gente es bueno.
    Un saludo enorme y ufff, sufro con tu jornada.

  3. Yo tuve una experiencia bastante desagradable con los interventores del PP y el apoderado de C’s. Fue una jornada que empecé con ilusión pero a mi compañera y a mi nos dieron hachazos por todos los lados. Tal avalancha de gente vino a votar que cerramos el acta de la última mesa casi a las 2:30 de la mañana.
    Volveré a ser apoderada, pero ya con mas experiencia y menos vulnerabilidad. Todavía me creo que la gente es buena.
    Un saludo enorme y ufff, sufro con tu jornada. Podemos!!

    • Gracias María. Creo que es justo que cada persona luche y defienda sus ideales pero, eso sí, en clima de tolerancia, escuchando, buscando la empatía y el “bien” común.
      Lamentablemente, tampoco hay unanimidad en algo tan básico como el deseo de ser lo más éticos posible y eso personalmente me lastima. Con nuestros errores no siempre es posible pero, caray, se nota bien quien no tiene la ética ni como opción.

Deja un comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies