Colaborando con OpenStreetMap (OSM)

Este é un amplo e detallado conxunto de instrucións con ligazóns ofrecido por Rafa Ávila (@ravilacoya) tralo seu cursiño de introdución a OpenStreetMap durante o Hacking-Rodízio ás preguntas de Dani Espiñeira.

Pregúntome se existe a maneira, ups, perdón, pregúntome como é que se podería facer para consultar todas as ocorrencias dun “tipo de dato”, un… amenity? concreto nun espazo determinado, por exemplo, quero visualizar todos os aparcadoiros de bicis da Coruña, como fago?.

Hay varios xeitos, e depende do que queiras facer cos datos e como visualizalos.

O xeito máis fácil é cos filtros de JOSM. Descargas os datos para a área de interese, e logo filtras os datos nos que estás interesado. Aquí podes ver o resultado. Problema: se colles un área demasiado grande ou simplemente con moitos datos, o servidor OSM non chos vai a dar (obviamente, para non sobrecargar o servidor). Solución: instalar o plugin Mirrored download, e descargar con el (non ten límite, pois usa servidores espello). De feito, con ese plugin podes tamén descargar datos á carta (por exemplo, parkings de bicicletas, poñendo [amenity=bicycle_parking] no campo “XAPI query:”.

Outro xeito é con overpass. É máis complicado, porque usa unha linguaxe propia, pero é moito máis versátil. Pode usarse con JOSM ou via web.

Con uMap é posible crear mapas temáticos usando overpass, co que garantizas que sempre están sincronizados e ao día con OSM. Por exemplo, aquí tes un que acabo de facer que amosa os párquings de bicicletas na área de A Coruña.

Interesoume o tema da cesión de datos a OSM por parte das institucións, en concreto estou pensando en que me gustaría que o concello cedese as localizacións dos aparcadoiros de bicicletas da Coruña a OSM, de feito, non só eses datos, senón que estaría ben que cedese todo aquilo que ten xeolocalizado, non é?. Póñereime en contacto con Mobilidade e Urbanismo para ir inoculándolles a idea de participar nas cartografías libres coa información municipal.

Ben. Ao final desta páxina tes o documento que hai que asinar para ceder os permisos, no caso de que non os liberen eles mesmos cunha licenza compatible coa ODbL. Tódalas importacións deben seguir un procedemento específico.

E postos a preguntar: coñecedes exemplos de cesión+importación de datos xeográficos por parte de concellos a OSM? Por suposto, canto mais próximos mellor. Estaría ben contar con exemplos nos que apoiarse cando se fagan novas propostas.

Miles e de todo tipo: fronteiras administrativas, límites de parques, nodos de enderezos (números de rúa), ríos, lagos, edificios, lugares habitados, áreas residenciais, escolas, etc. Déixoche varios exemplos de importacións de datos (algúnhas as preparei eu mesmo):

En canto á ferramenta para Android para mapear, cal é a que recomendades?. Eu teño a de OsmAnd instalada hai tempo mais acho que iso é mais para consulta e navegación, non?. Neste caso editei desde o navegador.

A única que coñezo para mapear nodos, vías e relacións en Android é Vespucci, pero non é moi user-friendly, a verdade. A típica app que non fai afición…

OSMAND pódese usar para engadir puntos de interese (nodos só), co que deberías poder engadir párquings de bicicleta.

Tamén tes Mapzen POI collector, tamén só para puntos de interese. Por últimos, e xa para todos/as, hai moitas listas de distribución locais para preguntar e discutir sobre temas. Recoméndovos talk-es (lista para España) e a de Xeoinquedos (es_norte@lists.osgeo.org) que non está oficialmente dentro de OSM.

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies